Pages

miércoles, 18 de marzo de 2015

20 de Marzo Migallas Teatro con "Vai ser boa" en el Teatro

Este viernes 20 de Marzo a las 18:00 en el Teatro de Ribadeo Migallas Teatro con su obra "Vai ser boa". Precio de las entradas 2,5€.

“Vai ser boa!” é un espectáculo baseado no libro-disco “Pan de millo”, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións con accións dramáticas relacionadas coa súa temática. Os temas musicais que se interpretan son: “Pinocho”, “O espantallo divertido”, “Eu teño un canciño”, “Unha vella tiña un can”, “Miña “Abuela Manuela”” e Pan de millo
A música está gravada (toca unha banda de pulgas) mais as voces solistas son en vivo. Os temas que se tratan, entre outros, son: a importancia da relación entre avós e netos; a transmisión da lingua, dos ditos e das cancións tradicionais; o coidado das mascotas; o coñecemento e respecto da natureza; a colaboración fronte á competición, etc.
 
Idioma: galego
  • Público preferente: infantil e familiar
  • Xénero: comedia e canción infantil

Ficha artística

Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus
Elenco
  • Panadeiro: Carlos Yus
  • Panadeira: María Campos
  • Músicos: Banda das pulgas
  • Música:
    • Paulo Nogueira, Magoia Bodega
    • María Campos e Carlos Yus
  • Escenografía: María Campos
  • Técnica de luz e son: Alba Tamara
  • Vestiario: Celsa Cabaleiro
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario