Social Icons

siguenos en facebook siguenos en Twitter sígueme en Instagram

domingo, 8 de abril de 2018

8 de Abril O TOLLEITO DE INISHMAAN no auditorio Hernán Naval

O TOLLEITO DE INISHMAAN, o espectáculo máis galardoado nos XXI Premios María Casares 2017. Un texto do irlandés Martin McDonagh, nunha proposta que dirixe Cándido Pazó.
Este domingo 8 de abril ás 20.00 H no Hernán Naval. Entrada xeral, 5 €.Entrada de prezo reducido para persoas desempregadas, estudantes ou xubiladas, 3 €.
"    Un texto de personaxes labrados e brillantes, nos que os actores poden facer alarde do seu oficio e talento. Un elenco de actores e actrices de gran atractivo pola súa exitosa e constante presenza no teatro e no audiovisual, nunha combinación de profesionais de longa e premiada experiencia con novos e xa recoñecidos valores no mundo da interpretación.

Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Anos 30. Personaxes curiosas, pintorescas, características… Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo física e humanamente isolado, viven as súas vidas cativas como poden e como saben. Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten unha arela que para el semella extremadamente difícil: transcender ese ámbito cerrado que está obrigado a habitar; un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquera outro.

Un espectáculo de gran formato (8 actores de prestixio, potente escenografía, música emocionante composta para o espectáculo, iluminación atractiva) no que o público se sentirá atrapado polo humor e a tenrura dun teatro tan entrañable, tan noso, coma o irlandés.

    Dirección: Cándido Pazó
    Reparto: Evaristo Calvo, Ana Santos, Ricardo de Barreiro, María Roja, Luis Iglesia, Santi Romay, Marcos Pereiro e Susana Dans

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Sample text

Sample Text

 
Blogger Templates